Proxección de ‘A sabana e a montaña’ en Pontevedra

mar24feb20:00Proxección de ‘A sabana e a montaña’ en PontevedraCineclube Pontevedra20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 24 de febreiro, o Cineclube Pontevedra proxectará ‘A sabana e a montaña’ (‘A savana e a montanha’, Paulo Carneiro, 2024, Portugal, 77 min, VOSE, Lingua orixinal: portugués).

Será como sempre, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Documental híbrido que captura a loita creativa dos habitantes de Covas do Barroso, no norte de Portugal, contra os plans da empresa británica Savannah Resources, que quere construír a mina de litio a ceo aberto máis grande de Europa a poucos metros das súas casas.

Ante esta ameaza inminente, a comunidade reúnese para organizarse e expulsar a compañía das súas terras, utilizando actuacións musicais e escenificacións inspiradas no western para visibilizar a súa resistencia.

A través da arte e da solidariedade, a veciñanza non só defende o seu territorio, senón que tamén afirma a súa identidade cultural, loitando por un futuro no que as súas voces sexan escoitadas e respectadas.

Quincena de Realizadores do Festival de Cannes 2024.

Premio Tiempo de Historia na Seminci 2024.

Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Podes escoller a opción que máis se adapte ás túas preferencias: 70 euros anuais, 25 trimestrais ou 3 euros por pases soltos.

As persoas que desexen asociarse poden facelo calquera día en que haxa proxección ou ben a través do blog da asociación.

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!