Proxección de 'A vida bohemia' en Bueu

ven24out21:00Proxección de 'A vida bohemia' en Bueu'Outubro de filmoteca'21:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

O venres 24 de outubre, o Cineclub Bueu, coa colaboración da Filmoteca de Galicia, proxectará en VOSE a película ‘A vida bohemia’ (Aki Kaurismäk, Finlandia, 1992).

A cita será ás 21:00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu.

O filme narra a amizade e desventuras de tres curiosos artistas sen branca no París bohemio. Marcel, un escritor sen traballo que se dedica a recoller botellas baleiras, Rodolfo, un pintor albanés sen papeis, e Schaunard, un compositor irlandés.

Os tres tentan sobrevivir á súa mala situación económica axudándose mutuamente.

O acceso será de balde para as persoas socias do Cineclub Bueu e terá un custo simbólico de 2 euros para as non socias.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!