Proxección de 'A zona de interese' en Pontevedra

mar28mai20:30Proxección de 'A zona de interese' en PontevedraCineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 28 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, proxectarase o filme ‘A zona de interese’ (Jonathan Glazer, 2023, Reino Unido, 106 min., VOSE, Lingua orixinal: alemán), nunha nova sesión organizada polo Cineclube Pontevedra.

A partir da novela homónima de Martin Amis, Jonathan Glazer ofrece un arrepiante retrato da familia do comandante de Auschwitz Rudolf Höss e da súa vida en aparente harmonía nunha casa de ensoño ao carón do campo de concentración.

Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes.

Mellor Filme, dirección, actriz e BSO pola Asociación de Críticos de Los Ángeles.



MAIO 2024

Os novos traballos de Bertrand Bonello, Alice Rohrwacher e Jonathan Glazer, estreadas durante o 2024, conformarán a programación dos martes de maio no Cineclube Pontevedra.

Dos luns de filmoteca será protagonista o alemán Wim Wenders, de quen proxectaremos dúas das súas obras máis emblemáticas: ‘Alicia nas cidades’ e ‘Paris, Texas’, que cumpren respectivamente 50 e 40 anos desde a súa estrea.


Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen está dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!