Proxección de 'Amanece que no es poco' en Pontevedra

xov21nov18:30Proxección de 'Amanece que no es poco' en Pontevedraciclo de proxeccións dos premios feroz 202518:30 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

A proxección prevista para o xoves 21 de novembro, dentro das actividades previas á celebración da gala dos Premios Feroz é ‘Amanece que no es poco’, de José Luis Cuerda. O filme comezará ás 18.30 horas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

Ao seu remate, dará comezo un coloquio con Marta Armengou, fundadora e directora de Filmtopia.net.

Unha das mellores comedias españolas de todos os tempos, escrita e dirixida por José Luis Cuerda. Humor absurdo e unha historia surrealista na que Antonio Resines, José Sazatornil, Manuel Alexandre, Fedra Lorente, Luis Ciges, Aurora Bautista, Tito Valverde ou Pastora Vega, entre moitos, danse cita nun pobo da Serra de Albacete.

Sinopse: Teodoro, un enxeñeiro español que é profesor na Universidade de Oklahoma, regresa a España para gozar dun ano sabático. Ao chegar, decátase de que o seu pai matou á súa nai e, para compensalo da perda, comproulle unha moto con sidecar para viaxar xuntos. Así é como chegan a un remoto pobo de montaña que parece deserto; o que ocorre é que todos os veciños están na igrexa, porque a misa é un auténtico espectáculo. Pai e fillo asisten ás eleccións que se celebran cada ano para designar alcalde, cura, mestre e puta. Ademais, ao pobo chegou un grupo de estudantes dunha universidade norteamericana, uns meteorólogos belgas, un grupo de disidentes dos Coros do Exército Ruso e mesmo invasores camuflados dun pobo próximo.

Ao igual que no mes de outubro, a entrada ás proxeccións é de balde pero hai que retiralas na Oficina de Turismo da cidade, situada na praza de España. Pódense coller sete días antes de cada proxección até máximo de 4 localidades por persoa. Aqueles convites que non se entreguen repartiranse cinco minutos antes do inicio da proxección na facultade de Comunicación.

Con estas proxeccións de cinema achégase ao público clásicos modernos do cine español dentro dun ciclo especial con perspectiva feminista. Analízanse algúns títulos poñendo sobre a mesa os roles dos personaxes femininos, as historias, certos aspectos formais… elementos que teñen contribuído a que as películas constrúan o imaxinario sobre o que se sustenta a sociedade heteropatriarcal actual, independentemente da súa calidade cinematográfica.

Premios Feroz

Os Premios Feroz 2025, que destacan o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa especializada, están patrocinados polo Concello de Pontevedra así como por Legado Ibérico, marca premium do Pozo Alimentación e líder no sector do ibérico. Ademais, contan coa colaboración de Audi —Vehículo Oficial— e co financiamento do Goberno de España – Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Ministerio de Cultura.

A Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) é un grupo plural de máis de 250 xornalistas e críticos dedicados a informar sobre cinema en televisión, radio, prensa e Internet de todo o país. Desde 2014 entregan os PREMIOS FEROZ® para destacar o mellor da produción audiovisual española do ano.

Ademais dos galardóns anuais, a asociación outorga o Premio Feroz Zinemaldia no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Premio Feroz Puerta Oscura no Festival de Málaga e o Premio Feroz Cinema Jove á mellor curtametraxe no seo do festival do mesmo nome. A AICE tamén organiza o festival Lo que viene, o campus de cinema e series La Inmortal en Zaragoza e o programa de formación en xornalismo de cinema e series María Luz Morales.

Hora

(Xoves) 18:30

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!