Proxección de ‘Ao final da escapada’ en Pontevedra

mar03feb20:00Proxección de ‘Ao final da escapada’ en PontevedraCineclube Pontevedra20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 3 de febreiro, o Cineclube Pontevedra proxectará o filme ‘Ao final da escapada’ (‘À bout de souffle’, Jean-Luc Godard, 1960, Francia, 89 min, VOSE, Lingua orixinal: francés).

Será como sempre, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Michel Poiccard (Jean-Paul Belmondo) é un exfigurante de cinema admirador de Bogart. Tras roubar un coche en Marsella para ir a París, mata fortuitamente un motorista da policía. Sen remorso ningún polo que acaba de facer, continúa a súa viaxe cara a París, onde atopa a Patricia (Jean Seberg), unha moza americana que vende o New York Herald Tribune nos Campos Elíseos. O que Michel ignora é que a policía está a buscalo pola morte do motorista.

Ópera prima de Jean-Luc Godard e pedra angular da nouvelle vague francesa. «A liberdade absoluta, por veces desconcertante», dicía Belmondo sobre o ton de ‘Ao final da escapada’, filme que revolucionou as regras formais e morais do cinema da época, e propulsou a historia do cinema cara á modernidade.

Oso de Prata á mellor dirección na Berlinale 1960.

Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Podes escoller a opción que máis se adapte ás túas preferencias: 70 euros anuais, 25 trimestrais ou 3 euros por pases soltos.

As persoas que desexen asociarse poden facelo calquera día en que haxa proxección ou ben a través do blog da asociación.

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!