‘Aurora’ | Gaitafilmes

Proxección de 'Aurora' en Marín

mar30set19:30Proxección de 'Aurora' en Marínciclo “Martes de Cinema”19:30 Biblioteca Pública Municipal de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Concello de Marín impulsa a actividade “Martes de Cinema”, unha proposta cultural que traerá á vila unha selección de filmes e curtas seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da man da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Serán seis sesións, unha delas de curtas, cinco de de longametraxes de ficción e unha de documental.

As proxeccións serán os martes, do 23 de setembro ao 28 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública, con entrada libre e de balde.

O 30 de setembro proxectarase o filme ‘Aurora’, dirixido por Area Erina e protagonizado por Aurora Álvarez e a propia directora.

Aurora e Area, mulleres chegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller.

  • 65 min.
  • +12 anos.
  • Finalista na categoría de Mellor Documental.

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Biblioteca Pública Municipal de Marín

Avenida de Ourense, 8 - 36900 Marín

Está pasando!