‘Carmina y amén’ | Bodega Films

Proxección de 'Carmina y amén' en Pontevedra

dom28set18:30Proxección de 'Carmina y amén' en Pontevedraciclo ‘A comedia segundo os Feroz’18:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Para arrincar a nova edición dos Feroz, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá o ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia.

O domingo 28 de setembro proxectarase o filme ‘Carmina y amén’. A sesión dará comezo ás 18:30 horas, pero a apertura de portas será unha hora antes.

As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e até completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa.

Segunda longametraxe de Paco León como director no que demostrou o que xa se albiscaba na súa ópera prima: que outra forma de facer comedia é posible.

Con Carmina Barrios, María León, Paco Casaus Yolanda Ramos en estado de graza, a película alzouse co Feroz a Mellor Comedia 2014 (de 7 nomeamentos) e no Festival de Málaga logrou os premios á Mellor guión e á Mellor actriz de reparto (Ramos).

Tras a súbita morte do seu marido, Carmina convence á súa filla María de non dar parte da defunción ata pasados dous días e así poder cobrar a paga extra que el tiña pendente.

Durante eses dous días esconden o cadáver e disimulan o seu duelo na cotiandade dun bloque de pisos dun barrio humilde de Sevilla.

Duración: 100 min.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!