Proxección de 'Cerrar los ojos' en Nigrán

xov29feb20:00Proxección de 'Cerrar los ojos' en Nigrán Cineclub Val Miñor Alice Guy20:00 Auditorio Municipal de Nigrán - Nigrán

Detalles do Evento

Na sesión do mes de febreiro, o Cineclub Val Miñor Alice Guy proxectará o xoves 29 ás 20:00 horas, a película ‘Cierra los ojos’ (Victor Erice, España, 2023), no Auditorio Municipal do Concello de Nigrán.

Un soado actor español, Julio Areas, desaparece durante a rodaxe dunha película. Aínda que nunca se chega a atopar o seu cadáver, a policía conclúe que sufriu un accidente ao bordo do mar.

Moitos anos despois, esta sorte de misterio volve á actualidade por mor dun programa de televisión que pretende evocar a figura do actor, ofrecendo como primicia imaxes das últimas escenas en que participou, rodadas polo que foi o seu íntimo amigo, o director Miguel Garay.

Coma sempre, a sesión será presentada e comentada polo profesor Alfonso Castaño Hernández.

Entrada libre ata completar cabida.


Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Nigrán

Avenida Castelao, 2, 36350 Nigrán

Está pasando!