‘Competencia oficial’ | The Mediapro Studio

Proxección de 'Competencia oficial' en Pontevedra

dom05out18:30Proxección de 'Competencia oficial' en Pontevedraciclo ‘A comedia segundo os Feroz’18:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Para arrincar a nova edición dos Feroz, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá o ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia.

O sábado 5 de outubro proxectarase o filme ‘Competencia oficial’. A sesión dará comezo ás 18:30 horas, pero a apertura de portas será unha hora antes.

As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e até completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa.

Esta coprodución hispano-arxentina dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn, reúne nin máis nin menos que a Antonio Banderas, Penélope Cruz, Óscar Martínez, Irene Escolar, José Luis Gómez, Manolo Solo, Pilar Castro…

Cinema dentro do cinema e humor negro que se fixo co Premios Feroz 2023 á Mellor comedia.

En busca de transcendencia e prestixio social, un empresario multimillonario decide facer unha película que deixe pegada. Para iso, contrata aos mellores: un equipo estelar formado pola celebérrima cineasta Lola Cuevas (Penélope Cruz) e dous recoñecidos actores, donos dun talento enorme, pero cun ego aínda máis grande: o actor de Hollywood Félix Rivero (Antonio Banderas) e o actor radical de teatro Iván Torres (Óscar Martínez).

Ambos son lendas, pero non exactamente os mellores amigos. A través dunha serie de probas cada vez máis excéntricas establecidas por Lola, Félix e Iván deben enfrontarse non só entre si, senón tamén cos seus propios legados.

Duración: 114 min.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!