‘+Cuñados’ | Portocabo

Proxección de '+Cuñados' en Marín

mar23set19:30Proxección de '+Cuñados' en Marínciclo “Martes de Cinema”19:30 Biblioteca Pública Municipal de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Concello de Marín impulsa a actividade “Martes de Cinema”, unha proposta cultural que traerá á vila unha selección de filmes e curtas seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da man da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Serán seis sesións, unha delas de curtas, cinco de de longametraxes de ficción e unha de documental.

As proxeccións serán os martes, do 23 de setembro ao 28 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública, con entrada libre e de balde.

O martes 23 de setembro proxectarase a cinta ‘+Cuñados’, protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey.

Un cadáver aparece xusto no medio da ponte internacional de Tui. Uns días antes… Chegou o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para desfrutar das festas favoritas de calquera bo ourensán.

Unha comedia irreverente e divertidísima, 100% galega e que segue os pasos do trío de cuñados máis famoso desta terra.

  • 90 min.
  • +12 anos.
  • Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección, Mellor maquillaxe e perruquería, Mellor dirección de arte, Mellor montaxe, Mellor dirección de produción e Mellor música orixinal.

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Biblioteca Pública Municipal de Marín

Avenida de Ourense, 8 - 36900 Marín

Está pasando!