Fotograma de ‘Estado de malestar’ | María Ruido

Proxección de ‘Estado de malestar' en Pontevedra

mér04feb19:00Proxección de ‘Estado de malestar' en PontevedraCiclo de cine e saúde mental 'O oficio de vivir'19:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra e Taller Abierto presentaron unha nova entrega do ciclo de cinema ‘O oficio de vivir’. Esta iniciativa, que chega á súa cuarta edición, busca vencellar o cinema coa saúde mental, consolidándose como un espazo de reflexión e encontro para a cidadanía.

O ciclo terá lugar como tal no Teatro Principal de Pontevedra a partir das 19:00 horas, con entrada de balde até completar aforo.

As sesións constarán da proxección dun filme seguida dun coloquio guiado por Suso Novás e especialistas en saúde mental.

MÉRCORES, 4 DE FEBREIRO

Proxectarase o documental ‘Estado de malestar’ (España, 2019, María Ruido), que trata sobre o padecemento derivado dos modos de vida contemporáneos.

O coloquio contará con Pablo Braña, graduado en traballo social na unidade de agudos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

XOVES, 5 DE FEBREIRO

A sesión xirará arredor do filme ‘O lado bo das cousas’ (Estados Unidos, 2012, David O. Russell), abordando o estigma do trastorno mental.

Participará Estrela Gómez, licenciada en psicoloxía e traballadora en centros de menores e rehabilitación psicosocial.

MÉRCORES, 11 DE FEBREIRO

Proxectarase ‘A habitación’ (Irlanda-Canadá-Reino Unido, 2015, Lenny Abrahamson), unha fita que trata sobre o trauma.

O coloquio estará a cargo de Ana Cris Eiriiz, psicóloga especializada no tratamento do trauma complexo.

XOVES, 12 DE FEBREIRO

O ciclo pecharase co filme ‘Her’ (Estados Unidos, 2013, Spike Jonze), que explora as relacións sociais na rede.

O convidado especial será Mariano Hernández Monsalve, psiquiatra e docente con preto de 30 anos de experiencia nos servizos de saúde mental de Madrid.

‘O oficio de vivir’ está organizado por Taller Abierto (Ana Barreiro e África Martínez) en colaboración coa Concellaría de Benestar Social de Pontevedra e conta coa participación de Suso Novás na selección dos filmes.

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!