Fotograma de ‘La marsellesa de los borrachos’

Proxección de 'La marsellesa de los borrachos’ en Bueu

ven23mai21:00Proxección de 'La marsellesa de los borrachos’ en BueuCiclo Cinema en Galego 21:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

No marco do Ciclo de Cinema Galego, organizado polo Cineclub Bueu para conmemorar as Letras Galegas, o venres 23 de maio ás 21:00 horas, o Centro Social do Mar acollerá a proxección do filme ‘La marsellesa de los borrachos’ (Pablo Gil Rituerto, 2024).

Como convidado especial, a sesión contará coa presenza de Leo i Arremecághona, tamén coñecido como Leo de Matamá.

Sinopse

No verán de 1961, un grupo de novos antropólogos italianos realizou unha viaxe clandestina por España, co fin de gravar cancións populares que apoiasen a resistencia antifranquista. Como resultado do seu traballo, foron procesados e as súas gravacións censuradas.

Sesenta anos despois, e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, recuperan as gravacións inéditas e reconstrúen a viaxe, hoxe, a través dunha paisaxe emocional e político, recuperando recordos históricos a través destas cancións, tan relevantes hoxe como o foron entón.

(Filmaffinity)

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!