Proxección de ‘Linda quere polo’ en Pontevedra

dom30nov12:00Proxección de ‘Linda quere polo’ en Pontevedra‘Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil no Teatro Principal’12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presenta un novo programa destinado a público infantil e familiar que chega da man do Cineclube Pontevedra baixo o nome ‘Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil no Teatro Principal’.

Esta primeira edición contará con 3 proxeccións matinais os días 2 e 30 de novembro e 7 de decembro ás 12.00 horas. no Teatro Principalde Pontevedra.

As propostas achegarán diferentes temáticas coma o wéstern, o dereito a expresarse, o Nadal, etc. a través do humor, a cor e técnicas como a animación ou stop motion.

Recomendadas a partir de 6 e 7 anos, contará con entrada libre ata completar cabida.

‘Linda quere polo’ | Cineclube Pontevedra

O día 30 de novembro é a vez de ‘Linda quere polo’ (2023), produción franco-italiana dirixida por Chiara Malta e Sébastien Laudenbach, presentada en Cannes e galardoada co premio á mellor longametraxe en Annecy e co Cesar ao Mellor Filme de Animación en 2023.

Unha divertida aventura culinaria que narra as aventuras de Paulette, unha nai decidida a emendar o seu erro tras castigar inxustamente a súa filla Linda.

O orixinal uso da cor e o seu universo visual, inspirado na obra de pintores como Henri Matisse ou Pierre Bonard, é un dos grandes valores do filme. É tamén salientable a visión que ofrece dos barrios como lugares de comunidade, xogo e liberdade, así como a alegría e o humor que desprende sen renunciar a tratar temas serios como o dó, a autoridade ou o dereito a expresarse.

Filme recomendado a partir dos 7 anos. A duración é de 75 minutos.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!