Proxección de 'Mufasa, el Rey León' en Salvaterra

dom01mar17:30Proxección de 'Mufasa, el Rey León' en SalvaterraCICLO CINE DE INVERNO 202617:30 Casa da Cultura de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

A proxección do filme de animación ‘Mufasa, el Rey León’ (Barry Jenkins, 2024, Estados Unidos, 110′) pechará a 6ª edición do Ciclo Cine de Inverno, que se celebrou durante o mes de febreiro en Salvaterra de Miño.

Rafiki, Temón e Pataplún cóntanlle a lenda de Mufasa á moza cachorra de león Kiara, filla de Simba e Nala. A historia cóntase en flashbacks e presenta a Mufasa como un cachorro orfo, perdido e só ata que coñece a un simpático león chamado Taka, herdeiro dunha liñaxe real.

Este encontro casual pon en marcha unha viaxe dun extraordinario grupo de inadaptados que buscan o seu destino. E os seus vínculos poñeranse a proba mentres traballan xuntos para escapar dun inimigo ameazador e letal.

Precuela de ‘El Rey León’ (2019).

CICLO CINE DE INVERNO 2026

Do 7 de febreiro ao 1 de marzo o público poderá gozar dunha nova oferta cinematográfica para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.

Os sábados ás 22:00 horas serán películas para o público adulto mentres que os domingos ás 17:30 horas estarán dirixidas ao público infantil. 

Como en anteriores edicións o ciclo totalmente gratuíto inclúe a proxección de películas de estrea na Casa da Cultura de Salvaterra.

Aquí está a programación completa do ciclo:

SÁB/07/FEB

  • 22:00 h. ‘Cónclave’ (Edward Berger, 2024, Reino Unido)

DOM/08/FEB

  • 17:30 h. ‘Robot Salvaje’ (Chris Sanders, 2024, Estados Unidos)

SÁB/14/FEB

  • 22:00 h. ‘Bridget Jones: Loca por él’ (Michael Morris, 2025, Reino Unido)

DOM/15/FEB

  • 17:30 h. ‘Sónic 3’ (Jeff Fowler, 2024, Estados Unidos)

DOM/22/FEB

  • 17:30 h. ‘Flow, un mundo que salvar’ (Gints Zilbalodis, 2024, Letonia)

SÁB/28/FEB

  • 22:00 h. ‘¿Es el enemigo? La película de Gila’ (Alexis Morante, 2024, España)

DOM/01/MAR

  • 17:30 h. ‘Mufasa: el Rey León’ (Barry Jenkins, 2024, Estados Unidos)

Hora

(Domingo) 17:30

Localización

Casa da Cultura de Salvaterra

Rúa Raíña Dona Urraca, 12 - 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!