Proxección de ‘O dragón de papá’ en Vilagarcía

dom11ago20:30Proxección de ‘O dragón de papá’ en Vilagarcíaciclo de cine 'fantasio na rúa'20:30 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O programa ‘Fantasio na Rúa’ que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa, proxectará o domingo 11 de agosto en Cornazo o filme de animación e aventuras ‘O dragón de papá’ dirixida en 2022 por Nora Twomey, baseada na novela infantil de 1948 do mesmo nome de Ruth Stiles Gannett.

Está protagonizada polas voces de Jacob Tremblay, Gaten Matarazzo, Golshifteh Farahani, Dianne Wiest, Rita Moreno, Chris O’Dowd, Judy Greer, Alan Cumming, Yara Shahidi, Jackie Earle Haley, con Whoopi Goldberg e Ian McShane

Como no resto do ciclo, as proxeccións de ‘Fantasio na Rúa’ son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

SINOPSE

Cunha mochila repleta de chicle, piruletas, un paquete de gomas elásticas e un peite, entre outras provisións imprescindibles, Elmer embárcase rumbo á illa Salvaxe para rescatar a un bebé dragón.

No camiño, atoparase con animais listos e outros uns pouco parvos, e Elmer sempre atopará un truco baixo a manga, ou dentro da súa mochila.


‘FANTASIO NA RÚA’

Durante un mes e con catorce cintas, o ciclo ‘Fantasio na Rúa’ levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite do martes 16 de xullo nos xardíns de Ravella e concluirá o mércores 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro, en Cea.

A programación do ciclo ‘Fantasio na Rúa’ é a seguinte:

  • ‘Barbie’ | 16 de xullo | 22.00h | Praza de Ravella
  • ‘O Mostro Mariño’ | 17 de xullo | 20:30h | Os Duráns
  • ‘¡Vaya Vacaciones!’ | 24 de xullo | 22:00h | As Pistas
  • ‘¡Salta!’ | 25 de xullo | 22:00h | Vilaxoán
  • ‘Amigos hasta la muerte’ | 26 de xullo | 22:00h | Trabanca Badiña
  • ‘¡Canta 2!’ | 27 de xullo | 22:00h | Praia de Bamio
  • ‘Honeymoon’ | 28 de xullo | 20:30h | Rubiáns
  • +Cuñados’ | 30 de xullo | 20:30h | Praia de A Covacha de Carril
  • ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ | 1 de agosto | 20:30h | O Sixto
  • ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ | 5 de agosto | 22:00h | Parque da Coca
  • ‘A elefanta do mago’ | 6 de agosto | 20:30h | Sobradelo
  • ‘O dragón de papá’ | 11 de agosto | 20:30h | Cornazo
  • ‘As Neves’ | 12 de agosto | 22:00h | Parque da Xunqueira
  • ‘Pinocho de Guillermo del Toro’ | 14 de agosto | 22:00h | Cea

Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!