Proxección de 'Ratatouille' en Pontevedra

mar10feb18:30Proxección de 'Ratatouille' en PontevedraCiclo de Cine Gastronómico18:30 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Mercado de Abastos de Pontevedra acolle a proxección do filme de animación ‘Ratatouille’ (Brad Bird, Estados Unidos, 2007, 110′), dentro do Ciclo de Cine Gastronómico organizado polo Concello de Pontevedra.

Será o venres 20 de febreiro, ás 18:30 horas, enmarcado no proxecto Pontevedra Capital Gastro, unha iniciativa financiada polos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), que busca converter o Mercado no “epicentro da cultura gastronómica” da cidade e nun punto de referencia tanto para a veciñanza como para os visitantes.

Remy é unha simpática rata que soña con converterse nun gran chef francés a pesar da oposición da súa familia e do problema evidente que supón ser unha rata nunha profesión que detesta aos roedores.

O destino leva a Remy aos sumidoiros de París, onde a súa situación non pode ser mellor, xa que se atopa xusto debaixo dun restaurante que se fixo famoso grazas a Auguste Gusteau, unha estrela da nouvelle cuisine.

A pesar do perigo que representa ser un visitante pouco común (e desde logo nada desexado) nos fogóns dun exquisito restaurante francés, a paixón de Remy pola cociña pon patas para arriba o mundo culinario parisiense nunha trepidante e emocionante aventura.

Ciclo de Cine Gastronómico

O Ciclo de Cine Gastronómico contará con 12 sesións, entre o 3 de febreiro e o 10 de maio. Esta actividade propón unha experiencia inmersiva: as primeiras 30 persoas asistentes recibirán unha degustación vinculada ao filme, seguida da proxección e dun coloquio posterior con restauradores locais.

Establecementos como As Greas, Umani Poke ou Casa Román colaborarán nestes coloquios.

Hora

(Martes) 18:30

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!