Proxección de 'Sirat' en Pontevedra

mér25mar16:00mér19:30Proxección de 'Sirat' en PontevedraXV Máster Class Audiovisual Galego Augal16:00 - 19:30 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle a derradeira sesión da XV Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Pontevedra.

Esta 7ª sesión estará adicada ao filme ‘Sirat’, de Óliver Laxe. Tras a proxección terá lugar a entrega de diplomas ás e aos matriculados nesta Máster Class Audiovisual Galego.

Dirixido a entidades colaboradoras, estudantes, medios, PAS, PDI e público externo.

Entrada de balde, non é necesaria reserva.

Sinopse:

Un home e o seu fillo chegan a unha rave perdida en Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer.

Reparten a súa foto unha e outra vez rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade que descoñecen. Coñecen a un grupo de raveros e deciden seguilos a unha última festa que se celebrará no deserto, onde esperan atopar á nova desaparecida.

(FILMAFFINITY)

Hora

(Mércores) 16:00 - 19:30

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!