Proxección de ‘Tony, Shelly e a lanterna máxica’ en Pontevedra

dom07dec12:00Proxección de ‘Tony, Shelly e a lanterna máxica’ en Pontevedra‘Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil no Teatro Principal’12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presenta un novo programa destinado a público infantil e familiar que chega da man do Cineclube Pontevedra baixo o nome ‘Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil no Teatro Principal’.

Esta primeira edición contará con 3 proxeccións matinais os días 2 e 30 de novembro e 7 de decembro ás 12.00 horas. no Teatro Principalde Pontevedra.

As propostas achegarán diferentes temáticas coma o wéstern, o dereito a expresarse, o Nadal, etc. a través do humor, a cor e técnicas como a animación ou stop motion.

Recomendadas a partir de 6 e 7 anos, contará con entrada libre ata completar cabida.

‘Tony, Shelly e a lanterna máxica’ | Cineclube Pontevedra

‘Primeiros Ollares’ rematará o domingo 7 de decembro coa proxección de ‘Tony, Shelly e a lanterna máxica’ (2023), do realizador checo Filip Pošivač. 

Un conto de Nadal que celebra as identidades únicas das crianzas, o valor da diferenza, o poder da amizade e a superación dos medos.

O filme foi creado mediante a laboriosa técnica do stop motion, que conta cunha gran tradición na República Checa, fotografando cada mínimo movemento dos títeres e escenarios que foron construídos artesanalmente para dar a sensación de movemento.

O resultado, que reborda fantasía e sorprende pola vistosidade das súas imaxes, foi premado co premio Contrechamp no Festival de Annecy e mais co premio á mellor longametraxe de animación na sección Anima’t no Festival de Sitges en 2023.

Está recomendado a partir dos 6 anos. A duración é de 80 minutos.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!