Proxección de 'Vortex' en Cangas

lun03out21:00Proxección de 'Vortex' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos21:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o luns 3 de outubro ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Cangas acolle a proxección de ‘Vortex’.

  • Título orixinal: Vortex
  • Xénero: Ficción
  • País: Francia
  • Ano: 2021
  • Dirección: Gaspar Noé
  • Guión: Gaspar Noé
  • Música: Javier Rodero
  • Fotografía: Benoît Debie
  • Reparto: Dario Argento, Françoise Lebrun, Alex Lutz
  • Duración: 142 min.

Sinopse:

“A vida é unha festa que pronto será esquecida”. Cada vez que se expresa este director hai un pulo por reinventar o que o cine pode facer a nivel formal e como a flexibilidade do medio pode facer comprensibles moitos temas, neste caso como o amor se enfronta á morte na fase final da vida.

Premios:

Festival de San Sebastián 2021 – Sección Zabaltegi: Mellor película.



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/


Hora

(Luns) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!