‘Xustiza artificial’ | Abano Producións

Proxección de 'Xustiza artificial' en Marín

mar21out19:30Proxección de 'Xustiza artificial' en Marínciclo “Martes de Cinema”19:30 Biblioteca Pública Municipal de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Concello de Marín impulsa a actividade “Martes de Cinema”, unha proposta cultural que traerá á vila unha selección de filmes e curtas seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da man da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Serán seis sesións, unha delas de curtas, cinco de de longametraxes de ficción e unha de documental.

As proxeccións serán os martes, do 23 de setembro ao 28 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública, con entrada libre e de balde.

O 21 de outubro proxectarase o filme ‘Xustiza artificial’, dirigido por Simón Casal e protagonizada por Verónica Echegui, Tamar Novas, Alba Galocha e Alberto Ammann.

O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza.

Ábrese un debate encarnizado. Ten a xustiza un carácter humano irrenunciable?

Unha xuíza que forma parte do proceso e a creadora do sistema, que desaparece, serán as protagonistas dun thriller onde a IA ten moito que dicir… ou xulgar.

  • 98 min.
  • +12 anos.
  • Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe.

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Biblioteca Pública Municipal de Marín

Avenida de Ourense, 8 - 36900 Marín

Está pasando!