'Querida Agatha Chistie' en Vigo

xov07mai20:30'Querida Agatha Chistie' en VigoDirixida por Juan Carlos Rubio20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

‘Querida Agatha Christie’ é unha comedia dramática escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio, que conta cun elenco destacado formado por Carmen Morales e Juan Meseguer.

Esta obra, producida por Txalo Producciones, Olympia Metropolitana e La Alegría Producciones, que chega ao Teatro Afundación de Vigo o xoves 7 de maio, é a historia ficticia dun encontro casual nun hotel de Tenerife entre a escritora británica Agatha Christie e o literato español Benito Pérez Galdós.

O encontro sucede nunhas horas nas que a novelista está a considerar suicidarse. Compartirán segredos, fobias, mentiras, desexos e frustracións.

«Unha comedia dramática onde conviven o humor e a bágoa, o xénero fantástico, o misterio e a tensión, cun final inesperado»

Agatha está soa no cuarto dun hotel en Tenerife, incapaz de durmir por un presente cheo de dor pola perda da súa nai e a ruptura co seu marido.

Quere acabar co sufrimento tomando un veleno que trouxo de Inglaterra. Pero a súa decisión cambia coa inesperada visita de Benito Pérez Galdós, un escritor que tamén está no hotel.

Entre eles xorde unha conexión intensa e divertida que revela segredos, medos e desexos. Benito tenta impedir que Agatha se dea por vencida, ofrecéndolle esperanza nun duelo emocional cargado de humor, misterio e humanidade.

Duración: 90 minutos

Idade mínima: 12 anos

Entradas anticipadas á venda dende 17,80 euros en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!