Raquel Crespo presenta 'Quiquiriquí' en Moaña

ven07xuñ18:00Raquel Crespo presenta 'Quiquiriquí' en Moaña'Rechouchíos'18:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

O venres 7 de xuño, ás 18:00 horas, o Centro Sociocultural Castroviejo de Tirán acolle o contacontos de Raquel Crespo, ‘Quiquiriquí’, recomendado a partir dos 3 anos.

Tres historias: Rosa, regresa ao campo da cidade, atopando a felicidade na súa granxa. Ramón, famoso galo da granxa de Rosa, coñecido pola súa valentía e o seu Quiquiriquí!. O seu fillo, Monchiño, enfronta o desafío de seguir o oficio do seu pai, pero hai un problema: ¡non sabe cantar!

Unha historia divertida e esperanzadora sobre a necesidade de atopar a nosa propia voz.



‘Rechouchíos’ é un programa de dinamización lectora e lingüística con actividades dirixidas ao público infantil e familiar ao que acoden nenas e nenos, maioritariamente de 3 a 10 anos, segundo o tipo de espectáculo programado nas tardes dos venres.

Utilízanse diferentes espazos públicos, pechados e ao aire libre, e percórrense todas as parroquias de Moaña. O paxariño deseñado por Marc Taeger converteuse na mascota do programa e todas as actividades comezan co berro ideado por María Faltri, unha das colaboradoras do programa: ‘Chio, chio. rechouchío!’

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!