Ruta guiada 'A Poza da Moura de Domaio'

dom09xuñ10:00Ruta guiada 'A Poza da Moura de Domaio''Descubre Moaña na Primavera 2024'10:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

A Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos volve para propoñernos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das súas rutas guiadas de balde.

Nesta ocasión presentan ‘Descubre Moaña na Primavera 2024’, un proxecto no que volven a colaborar co Concello de Moaña.

Coma sempre estas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, as/os guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 ou a través de ailladosratos.org



‘A POZA DA MOURA DE DOMAIO’. NA BUSCA DA POZA MÁIS FAMOSA E FERMOSA DO MORRAZO

Partiremos dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias, que dende 2006 son as protagonistas da Exposición das Camelias que se organiza cada ano en Domaio.

Continuaremos o noso camiño subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira.

Atoparemos unha gran cantidade de muíños que agora están abandonados e miraremos ao pasado para recordar o seu importante papel no desenvolvemento económico, social e demográfico da zona. Voltaremos ao presente para reflexionar sobre o impacto da construción do Corredor do Morrazo actualmente convertido en Autovía, e da Urbanización Golf Domaio sobre esta fermosa ruta.

Como premio ao noso esforzo chegaremos á mítica Poza da Moura de Domaio que se converteu nos últimos anos nun lugar moi visitado pola súa beleza, encanto e historia.

Hora

(Domingo) 10:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!