Rutas en galeón pola Ría de Arousa

ven01set16:00ven23:50Rutas en galeón pola Ría de ArousaConcello de Vilagarcía e a asociación Rompetimóns16:00 - 23:50 Peirao Turístico de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

En xullo retómanse as travesías na embarcación tradicional “Illa Cortegada” froito da colaboración do Concello de Vilagarcía coa asociación Rompetimóns.

As 18 rutas de balde desenvolveranse partindo do peirao turístico de Vilagarcía, as viaxes terán unha duración aproximadamente de dúas horas cada unha que deleitaran os pasaxeiros polo contorno da ría percorrendo as Illas Malveiras, a Enseada de Rianxo, dirixíndose ao centro da ría ata a altura da Praia das Sinas.

As saídas supeditaranse ás condicións metereolóxicas, podendo decidir a tripulación, en calquera momento, a súa suspensión.

As rutas para as que se poderá reservar praza nesta primeira quenda son as previstas para o venres 14 e sábado 15 de xullo, e para as do 28 e 29 do mesmo mes. En cada unha das xornadas realizaranse dúas travesías, unha con saída ás 16:00 horas e outra ás 18:00 horas. O número máximo de prazas que se poden reservar nunha mesma solicitude é de 4.

Dado que o aforo do galeón é limitado (só poden viaxar 9 pasaxeiros en cada viaxe), para facilitar a asistencia do maior número de persoas e de que non queden vacantes, unha vez cubertas as prazas en cada travesía, este ano dáse a opción de anotarse na lista de agarda, trámite que tamén se poderá realizar a través de ataquilla.com.

Co mesmo obxectivo, prégase ás persoas que obtiveran praza e que finalmente non poidan acudir á cita, que tramiten a anulación a través da propia web, de xeito que poidan entrar persoas da lista de agarda. A cancelación da reserva pode realizarse ata 48 horas antes da saída. No caso de producirse baixas, a propia web remitirá un aviso á persoa que corresponda segundo a orde na lista de agarda.

Cara finais de mes e con antelación suficiente informarase da apertura do prazo de reserva para as saídas previstas nas fins de semana de agosto e setembro. Os días concretos son o 11, 12, 18 e 19 de agosto e o 1 de setembro.

O programa das travesías en galeón promovido polo Concello de Vilagarcía ofrece unha alternativa turística e de ocio que permite aos participantes gozar da experiencia de navegar a vela nunha embarcación tradicional galega pola Ría de Arousa, así como coñecer a riqueza natural e patrimonial da illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Tamén é un medio para divulgar a riqueza etnográfica dos pobos mariñeiros e das embarcacións tradicionais como as que hai décadas sucaban as augas da Ría.

Nesta nova edición do programa ofértanse 162 prazas. O programa financiado polo Concello préstase a través do convenio coa asociación Rompetimóns, de Carril, propietaria do galeón “Illa de Cortegada”.

Hora

(Venres) 16:00 - 23:50

Localización

Peirao Turístico de Vilagarcía

Rúa Peirao Pasaxeiros, 5, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Está pasando!