Santi Balmes presenta o seu libro ‘Un día en mi cabeza’

sáb01mar13:00Santi Balmes presenta o seu libro ‘Un día en mi cabeza’‘Conversas no Primeiro Andar’13:00 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A concelleira de Promoción económica de Pontevedra, Anabel Gulías, compareceu o pasado xoves, 20 de febreiro, acompañada de Marcos Rivas, coordinador do ciclo de entrevistas ‘Conversas no Primeiro Andar’.

«Trátase da continuación dun ciclo que naceu o ano pasado e do que agora teremos un novo capítulo», indicou a edil. «Este programa naceu coa vontade de traballar distintos eidos, tales coma o sector vitivinícola e a súa combinación con outros elementos de lecer coma libros».


Marcos Rivas e Anabel Gulías presentan ‘Conversas do primeiro ardar’ | Concello de Pontevedra

Por suposto, o espazo onde se desenvolve esta cita non é casualidade. O Concello de Pontevedra mantén o seu compromiso de abrir o Mercado a toda a cidadanía e a novos usos, tal e como foi concibido este primeiro andar no seu inicio.

Nesta ocasión, será o compositor e cantante Santi Balmes, de Love of Lesbian, que realizará unha presentación do seu libro ‘Un día en mi cabeza’.



O mundo interior de Santi Balmes é un torrente de imaxinación, ideas atrevidas e pensamentos disparatados. Posúe unha voz interior que oscila entre situacións marcianas e momentos de íntima vulnerabilidade cando escoita unha canción que lle parte en dúas.

No seu primeiro libro de non ficción, o autor indaga nesa idea mesturando música e emocións, e fantasea coa idea de como sería pasar un día na súa cabeza, isto é: capítulo a capítulo, desde que se levanta ata que se deita, asociando cada momento dese día imaxinario (ou non) coas súas cancións favoritas, explicando a súa selección, en que momento escóitaas, para que serven.

Fantasía, erudición musical e tamén un pouco de musicoterapia nunha lectura que entusiasmará a calquera bo afeccionado á música.


Hora

(Sábado) 13:00

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!