This is a repeating event

'Sete Falares' en Pontevedra

ven09xuñ18:00ven23:50'Sete Falares' en Pontevedraencontro internacional de contadores de historias18:00 - 23:50 Igrexa de Santa Clara - Pontevedra

Detalles do Evento

Co verán ao virar da esquina, o Concello de Pontevedra recupera unha das citas clásicas que anticipan a chegada do mesmo.

Sete Falares’ acada a súa undécima edición como un dos eventos culturais e de ocio máis importantes da Boa Vila, coa palabra e a imaxinación como base para todo.

Entre o sábado 3 e o domingo 11 de xuño, Pontevedra fará mergullo na narración de historias, na escoita e na aventura. De novo, Sete Falares repetirá en Santa Clara como sede fundamental para o seu programa.

A antiga igrexa do convento transformarase nun espazo único á hora de afinar a orella e atender aos mellores contadores e contadoras galegas e mesmo doutras partes do mundo.


O programa deste encontro internacional de contadores de historias é o seguinte:

Sábado 3

  • 21:00 horas: Quico Cadaval. Público adulto.

Domingo 4

  • 21:00 horas: Caxoto. Público adulto.

Luns 5

  • 21:00 horas: Brais das Hortas. Público adulto.

Martes 6

  • 21:00 horas: Ánxeles Goas. Público adulto.

Mércores 7

  • 21:00 horas: Carmen Conde. Público adulto.

Xoves 8

  • 21:00 horas. De dous en dous (Adriano Reis e Quico Cadaval). Público adulto.

Venres 9

  • 18:00 horas: Adriano Reis. Público adulto.
  • 20:00 horas: Tres eran tres (Cristina Verbena, Pepito Mateo e Victoria Siedlecki). Público adulto.

Sábado 10*

  • 18:00 horas: Pepito Mateo. Público adulto.

Domingo 11

  • 13:00 horas: Vermú de Contos (Cristina Verbena). Público adulto.
  • 18:00 horas: Victoria Siedlecki. Público adulto.
  • 21:00 horas: Gala de Clausura (Adriano Reis, Cristina Verbena, Pepito Mateo, Quico Cadaval e Victoria Siedlecki). Público adulto.

O sábado, ademais do programa habitual ao longo da semana, haberá un ciclo baixo o nome ‘Rota de historias’ que partirá desde a igrexa e percorrerá lugares emblemáticos da cidade namentres se comparten historias da man de Adriano Reis, Cristina Verbena, Pepito Mateo, Quico Cadaval e Victoria Siedlecki. Público adulto.

Haberá catro quendas (para catro grupos de sesenta persoas) con saída ás 22:00, 22:20, 22:40 e 23:00 horas. As invitacións poderán ser recollidas na Igrexa de Santa Clara de Pontevedra desde as 21:30 horas para todas as funcións.

Cómpre lembrar que todas as actividades incluídas no programa terán unha entrada de balde até completar capacidade.

DESCARGAR O PROGRAMA EN PDF

Hora

(Venres) 18:00 - 23:50

Localización

Igrexa de Santa Clara

Rúa Santa Clara, 16 - 36003 Pontevedra

Está pasando!