This is a repeating event

'Síbaris', de Domingo Villar en Pontevedra

ven03nov20:30'Síbaris', de Domingo Villar en PontevedraDirixido por Lois Blanco20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Sede Afundación de Pontevedra, acolle os días 3 e 4 de novembro, a única obra de teatro de Domingo Villar, ‘Síbaris’, interpretatada por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Nóvoa.

Trátase dunha obra póstuma que, agora, baixo a dirección de Lois Blanco, sobe ao escenario do emblemático recinto cultural da cidade olívica para render homenaxe a unha das grandes figuras das letras galegas contemporáneas.



Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Laura, a súa muller, anímao a aceptar un convite da Universidade da Sorbona, disposta, coma tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.

A vida dos Morel está para se afundir no desconsolo, cando Laura encontra unha saída…

As entradas para este espectáculo están á venda dende 12 euros a través de Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!