'Son San' con Raquel Queizas en Pontevedra

ven26set18:00'Son San' con Raquel Queizas en PontevedraAlimentación e hábitos saudables18:00 Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra

Detalles do Evento

A actriz, monicrequeira, filóloga e contadora de historias, Raquel Queizás, chega o venres 26 de setembro á Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola co seu espectáculo ‘Son San’.

Contos, monicreques con materiais de refugallo e sinxelas coreografías para bailar dirixidas a nenas e nenos de 3 anos en diante, acompañados das súas familias.

Entrada de balde con inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 17 de setembro ás 9.00 horas.

O protagonista é un neno chamado Xan (está construído con vasos e pratos de cartón, leva chapeu verde e seu corpo é branco).

Cústalle moito erguerse pola mañá. Non lle gusta tomar o almorzo san que lle dá a súa nai, prefire moreas de pasteis.

Un día, no parque, un cadelo lle leva os bolos e comeza a correr, sen folgos, atrás do can. De súpeto atópase con Xana (leva chapeu verde, e o seu corpo é amarelo, verde e laranxa) unha rapaza moi espelida que o convida a unha san e nutritiva merenda.

Xan probará o zume de laranxa e o melón e sentirase moito mellor, ata cambiará de cor (o seu corpo tornarase de cor amarelo e laranxa).

‘Son San’ é un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico. Contén fragmentos musicais que en ocasións van acompañados de sinxelas coreografías para que bailen os nenos.

A través do percorrido de Xan as nenas e nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha dieta saudable.

Tamén reforzarán o seu coñecemento sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que decobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene.

Por último, non nos esqueceremos do necesario que é facer exercicio, estar en forma.

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Rúa Alfonso XIII, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!