‘Sons de Outono’: Concerto de David Taboada Trío en Pontevedra

sáb30nov12:00‘Sons de Outono’: Concerto de David Taboada Trío en PontevedraSeminario Permanente de Jazz de Pontevedra12:00 Praza da Peregrina - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro do ciclo ‘Sons de Outono’, organizado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, o sábado 30 de novembro ás 12:00 horas, David Taboada Trío ofrecerá un concerto na Praza da Peregrina, ou no palco da música da Alameda se chove.

Trío formado por tres músicos moi novos, coa presenza da contrabaixista cubana Judit Almeida, todo un referente no jazz galego actual, o pianista Mateo Sestelo e o baterísta David Taboada, dous xovencísimos músicos pontareáns que están chamados a ser referentes deste estilo musical en Galiza.



Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Praza da Peregrina

Está pasando!