Surfing the Lérez Festival

xov23xuñConsultarsáb25xuñSurfing the Lérez FestivalO festival e romaría urbana de Pontevedra(Consultar) Illa do Covo - Pontevedra

Detalles do Evento

O Surfing the Lérez, o festival e romaría urbana da cidade, regresa logo de dous anos sen poder ser celebrado por mor das restricións sanitarias impostas para deter o avance da Covid-19, e que agora semella quedar atrás finalmente.

O Surfing the Lérez volve con ánimos renovados, con tres xornadas de música e actividades en directo, entre o 23 e o 25 de xuño, coincidindo nunha data tan sinalada como é a propia celebración do San Xoán, e mesmo aproveitando a festividade para coller un novo impulso. A Illa do Covo volverá ser o escenario principal da festa, que contará con varios escenarios onde distribuír as ducias de concertos que se sucederán ao longo do día.

O cartel desta edición está composto en exclusiva por grupos galegos, mais pon o foco tamén sobre a escena pontevedresa local, con representantes coma Queco Lago, Uncle Doc & The Homeboys ou Carlota Crey.

Igual que outros anos, se ben a entrada é de balde, existe unha colaboración de recollida de alimentos coa Rede Axuda, co fin de entregar algún tipo de alimento ao entrar no recinto.

Doutra banda, ademais dos concertos, están previstos obradoiros infantís, actividades de memoria, xogos e postos de gastronomía impulsados por hostaleiros locais.


Hora

xuño 23 (Xoves) - 25 (Sábado)

Localización

Illa do Covo

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!