Festival Surfing the Lérez en Pontevedra

ven14xuñConsultarsáb15xuñFestival Surfing the Lérez en Pontevedra14 e 15 de xuño de 2024(Consultar) Illa do Covo - Pontevedra

Detalles do Evento

A contorna da Illa do Covo servirá do escenario para o desenvolvemento do festival Surfing the Lérez nesta fin de semana. Durante dous días, bandas e artistas como The Rapants, Nena Daconte, Boyanka Kostova, Javier Lago, Juno, Hydn, Terbutalina, Meu, Ortiga ou Niños Mutantes encherán de música este espazo ao carón do Lérez.

A montaxe para que todo estea listo para o venres, 14 de xuño, xa comezou e poden verse as primeiras estruturas na zona. Alén destes preparativos, a organización lembra que o festival conta cun caracter solidario co que agarda superar as propias marcas de edicións anteriores. Todo aquel que se achegue até a Illa do Covo para gozar da música pode (e debería) achegar tamén algún tipo de alimento non perecedero para ser recollido pola Rede Axuda.

Trátase dunha iniciativa que se vén celebrando ao longo das distintas edicións deste evento e que sempre gozou de moito éxito.

A entrada para o Surfing the Lérez, evento apoiado polo Concello de Pontevedra, é totalmente de balde. De novo, o festival contará con catro escenarios, unha zona gastronómica e barras de bebidas.



Os horarios da súa primeira xornada, o venres 14 de xuño, son os seguintes:

  • 17:30 h. Javier Lago
  • 18:00 h. Djow / Amoebo
  • 18:40 h. Hydn
  • 19:20 h. Jordana B
  • 20:00 h. Neno Tribal
  • 20:20 h. Nena Daconte
  • 20:30 h. Chef Creador
  • 21:30 h. Boyanka Kostova
  • 22:00 h. Meu Cariño
  • 22:30 h. Capital Voskov
  • 22:40 h. Juno
  • 23:50 h. Grande Amore
  • 00:00 h. La Suprema
  • 01:00 h. Galician Army

Para o sábado 15 de xuño:

  • 12:30 h. Los Marcianos
  • 13:30 h. The Rapants
  • 14:30 h. Parking Dust
  • 14:55 h. Meu
  • 15:00 h. Caldo
  • 15:55 h. Lady Banana
  • 16:30 h. Karma DJs
  • 16:55 h. Agoraphobia
  • 17:55 h. Atención Tsunami
  • 18:30 h. Señora DJ
  • 18:55 h. Camellos
  • 20:30 h. Niños Mutantes / Baby Romeo
  • 21:00 h. Futuro Alcalde
  • 21:55 h. Terbutalina
  • 22:30 h. BB Wav + Elba
  • 23:05 h. Joe Crepúsculo
  • 00:15 h. Ortiga
  • 00:30 h. Maefield
  • 01:30 h. Gorllitox


Hora

xuño 14 (Venres) - 15 (Sábado)

Localización

Illa do Covo

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!