'Trail do Tegra' na Guarda

dom19novConsultar'Trail do Tegra' na Guarda'Pontevedra Trail League' (Consultar: domingo) Concello do Rosal - O Rosal

Detalles do Evento

Un ano máis, a ‘Pontevedra Trail League’ desenvolverase ao longo de todo 2023 en Monte Aloia (Tui), nos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) e no Monte de Santa Trega (A Guarda).

As tres probas da ‘Pontevedra Trail League’, única liga de trail de montaña de Galicia, teñen unha distancia de entre 18 e 21 quilómetros e están organizadas por NOKO 360 en colaboración coa Deputación de Pontevedra e os concellos da Guarda, O Rosal e Tui.

A primeira das competicións é o ‘Trail do Aloia’ (Tui, 12 de febreiro), seguida do ‘Trail Muíños do Folón e do Picón’ (O Rosal, 5 de marzo) e, por último, o ‘Trail do Trega’ (A Guarda, 19 de novembro).

Cada unha das probas terá unha clasificación individual por tramos de idade, nas categorías masculina e feminina: sénior, de 18 a 39 anos; veterano/a I, de 40 a 49 anos, e veterano/a II, a partires dos 49 anos.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello do Rosal

Está pasando!