This is a repeating event

Atlantic Fest 2024 en Vilagarcía

ven19xulConsultarAtlantic Fest 2024 en Vilagarcía19, 20 e 21 de xullo de 2024(Consultar: venres) Praia da Concha - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Atlantic Fest é un dos clásicos do verán nas Rías Baixas celebrado nun espazo fantástico: a vilagarciá praia da Concha. Artistas da escena nacional e bandas galegas actúan neste festival único que durante tres días lle permite ao público gozar da mellor música e da gastronomía mariñeira do Salnés.

O recinto do Atlantic Fest 2024 terá capacidade para 10.000 persoas e contará con dous escenarios: Escenario Galicia e Vibra Mahou, ambos os situados na citada praia arousana. O escenario Vibra Mahou funcionará os días 19 e 20 de xullo, mentres que o escenario Galicia farao os días 20 e 21 de xullo.

O horario dos concertos é o seguinte:

VENRES 19 DE XULLO

  • GAZELLA VIBRA MAHOU 20:30
  • ROCÍO SAIZ VIBRA MAHOU 21:30
  • ALCALÁ NORTE VIBRA MAHOU 22:50
  • THE PARROTS VIBRA MAHOU 00:10
  • CARLOS ARES VIBRA MAHOU 1:30
  • GRANDE OSSO VIBRA MAHOU 21:10 | 22:20 | 23:40 | 1:00

SÁBADO 20 DE XULLO

  • FLORENT Y YO VIBRA MAHOU 13:30
  • SÍLVIA PÉREZ CRUZ GALICIA 14:30
  • DANI DICOSTAS VIBRA MAHOU 16:00
  • DERBY MOTORETA’S BURRITO KACHIMBA GALICIA 17:00
  • LUIS FERCÁN VIBRA MAHOU 18:15
  • CARLOS SADNESS GALICIA 19:30
  • CARIÑO VIBRA MAHOU 20:45
  • LOS PLANETAS GALICIA 22:00
  • DEPEDRO VIBRA MAHOU 23:15
  • CRYSTAL FIGHTERS GALICIA 00:45

DOMINGO 21 DE XULLO

  • LAS DIANAS GALICIA 17:30
  • ANDRÉS SUÁREZ GALICIA 19:00
  • SIDONIE GALICIA 20:30
  • MIKA GALICIA 22:15
  • ELEFANTES GALICIA 00:00
  • GRANDE OSSO GALICIA 21:45 | 23:30
  • ROCÍO SAIZ DJ SET GALICIA 16:30 | 20:00



Para facilitar a mobilidade dos asistentes, o festival dispuxo sete bolsas de aparcamento na zona, unha delas para autocaravanas e outra exclusiva para persoas con mobilidade reducida -esta última situada na entrada do recinto do festival.

Así mesmo, conta cunha zona de acampada situada no Cámping Río Ulla, polo que o festival poñerá buses gratuítos unindo o Recinto do festival / Estación de tren (parada en baixada estación de tren) ao Cámping durante os tres días que dura o evento.

Abonos e entradas por día á venda en atlanticfest.com

RÍAS BAIXAS FEST

O Atlantic Fest forma parte do Rías Baixas Fest, unha marca creada pola Deputación de Pontevedra para impulsar e promover un circuíto de festivais de música que achegan, xunto cunha oferta musical de calidade, experiencias turísticas que contribúen a situar a Rías Baixas-Pontevedra Provincia como un gran destino cultural e de lecer.

Actualmente, a marca agrupa cinco grandes festivais celebrados en distintos puntos da provincia de Pontevedra: PortAmérica (Portas), Sinsal Son Estrella Galicia (illa de San Simón, Redondela), SonRías Baixas (Bueu), Atlantic Fest e Revenidas (ambos en Vilagarcía de Arousa).

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Praia da Concha

Está pasando!