'Un Oscar para Óscar', de Mario Hernández en Pontevedra

mér22nov20:30'Un Oscar para Óscar', de Mario Hernández en Pontevedratempada de teatro afundación20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Inserido na Tempada de Teatro Afundación en Pontevedra, o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acolle a posta en escena de ‘Un Oscar para Óscar’.

Será o mércores 22 de novembro ás 20.30 horas, baixo a dirección de Mario Hernández e cun elenco conformado por Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala e Mara Guil.

«Esta peza eríxese coma unha homenaxe ao estilo de Miguel Mihura, combinado co espírito de Luis García Berlanga»

DIRECCIÓN
Mario Hernández

ELENCO
Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala, Mara Guil

PRODUCIÓN
Txalo Producciones e La Mandanga

1 h 30 min | Castelán | NRM 12

Atopámonos na cidade de Los Ángeles o día no que se celebra a cerimonia dos Óscar, en concreto, nun modesto motel dos arredores. Alí atópase Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, xunto ao ministro de Cultura, Guillermo Barrientos, e á ministra de Facenda, Irene Navarro.

Con continuos piques entre os dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha moza de compañía contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala.

Este imposible grupo de catro vivirá a noite máis tola das súas vidas, debaténdose entre os seus soños e todo o que perden no camiño para conseguilos.

Entradas anticipadas á venda dende 20 euros en Ataquilla.com



OBRAS DA TEMPADA DE TEATRO AFUNDACIÓN EN PONTEVEDRA

Inaugurará a tempada o mércores 18 de outubro a peza ‘Equus’, de Peter Shaffer, baixo a dirección de Carolina África e coa interpretación de Roberto Álvarez, Álex Villazán, Jorge Mauyor, Mamen Camacho e Claudia Galán. Esta destacada produción da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional debe trata a un mozo que cometeu un acto brutal: sacarlle os ollos cun punzón a seis cabalos que coidaba. A partir de aquí comeza unha investigación na que o psiquiatra deberá investigar sobre que levou a este mozo de boa familia, que xamais tivera ningún problema, a cometer tal atrocidade.

‘Un Oscar para Óscar’ chegará ao Auditorio Afundación de Pontevedra o mércores 22 de novembro, baixo a dirección de Mario Hernández e cun elenco conformado por Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala e Mara Guil. Atopámonos na cidade de Los Ángeles o día no que se celebra a cerimonia dos Óscar, en concreto, nun modesto motel dos arredores. Alí atópase Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, xunto ao ministro de Cultura, Guillermo Barrientos, e á ministra de Facenda, Irene Navarro. Con continuos piques entre os dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha moza de compañía contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala. Este imposible grupo de catro vivirá a noite máis tola das súas vidas.

O xoves 30 de novembro sairá a escena ‘El librero de Azaña’, de Miguel Murillo, dirixida por Francisco Suárez e coa interpretación de Jacobo Dicenta, Ana Fernández, Juanma Navas, Alberto Luceiro e Isabel Moreno. De ser a encarnación da liberdade e da República para figurar durante moitos anos como o monstro máis infame, Manuel Azaña foi un mito e símbolo español que, por certo, tamén chegou tarde á súa cita co tempo que lle tocou vivir. Desde unha librería de libros usados no Madrid que segue sendo un vínculo entre o vello e o moderno, a historia pasa vertixinosamente no seu escaparate e os libros reflicten os sucesos máis decisivos ocorridos durante vinte anos da nosa historia. Cosme, Pascual, Consuelo e Encarna, xunto ao pobo español, observan o que ocorre e pensan en Azaña, intúeno, interprétano, ámano e ódiano, e esperan algo que, como sempre, non chega.

Finalmente, clausurará a tempada ‘Adictos’, protagonizada por Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich, o xoves 7 de decembro. Esta obra xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todas as persoas: ata que punto a tecnoloxía nos somete? Somos libres? Que tipo de sociedade construímos? Que nos trae o futuro? Merecemos chamarnos «seres humanos»? A realidade de Adictos é a da expansión progresiva da desinformación. Unha ficción que manifesta inquietudes que nos incumben a todas e a todos, cuestionando aquilo asumido como certo. Este texto reivindica a capacidade de reacción do ser humano, ese punto de rebeldía necesario para que as cousas evolucionen cara a unha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre.

Todas estas producións teatrais representaranse na Sede Afundación Pontevedra. Ademais, a tempada encádrase no programa solidario «Cultura por Alimentos», levado a cabo en colaboración con FESBAL. Así, os asistentes poderán doar alimentos non perecedoiros depositándoos nos lugares habilitados para eles no acceso ao edificio. Todo o recadado será doado ao banco de alimentos local.

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!