VIII Concurso de Cociña ‘En ASPACE cociñamos xuntos’

mér04xuñ12:00VIII Concurso de Cociña ‘En ASPACE cociñamos xuntos’ premio ao mellor prato con conservas12:00 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O vindeiro mércores, 4 de xuño, terá lugar a Gran Final do VIII Concurso de Cociña “en ASPACE cociñamos xuntos”, organizado por ASPACE Galicia (Federación Galega de Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns).

Nesta ocasión, as persoas con parálise cerebral finalistas das catro semifinais organizadas ao longo do mes de maio competirán por facerse co premio ao mellor prato con conservas (atún, sardiñas ou agullas) ao estilo tradicional e/ou ao mellor prato texturizado/triturado.

Dos oito finalistas, só 2 parellas e/ou tríos serán os gañadores nas categorías de tradicional e texturizado. As persoas usuarias das entidades afíns (APAMP, AMENCER-ASPACE, ASPACE Coruña e ASPACE Lugo) teñen unha última cita nas cociñas.

A final terá lugar no Mercado de Abastos de Pontevedra. Ás 12.00h comezará unha carreira contrarreloxo onde os participantes terán ata as 13.00 horas para presentaren o mesmo prato co que chegaron á final.

Un xurado distinto e diverso formado por Julio Mato, cociñeiro e presentador de ‘A Voltas Co Prato’; Iñaki Bretal, chef do restaurante O Eirado da Leña; e Juan Permuy, blogueiro en ‘El Hambre con las Ganas de Beber’, terá a tarefa de escoller ás persoas gañadoras desta oitava edición.

A Federación ASPACE-Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) naceu no ano 1999 co obxectivo de favorecer a coordinación e cooperación entre as asociacións de parálise cerebral e outras entidades en Galicia, de xeito que a unión e forza das mesmas contribúan a acadar a igualdade de oportunidades para as persoas con parálise cerebral.

A entidade está integrada polas asociacións APAMP (Vigo), AMENCER-ASPACE (Pontevedra e Vilagarcía de Arousa), ASPACE Coruña (Sada) e ASPACE Lugo.

Hora

(Mércores) 12:00

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!