VIII Volta á Illa de Ons

dom28abr11:30VIII Volta á Illa de OnsCarreira e Andaina 202411:30 Illa de Ons -

Detalles do Evento

O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes de Bueu e o Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizan o domingo 28 de abril a VIII Volta a Illa de Ons.

Ademais da carreira tamén se realizará unha andaina, non competitiva. As probas, tomarán a saída na zona do Igrexario da Illa de Ons, con os seguintes horarios: as 11:45 horas para a andaina e ás 11:30 horas para a carreira.

A competición da carreira serán de carácter popular e non se precisan posuír licenza federativa. É unha carreira por pistas de terra, cunha distancia de 20 km, con saída e chegada na illa de Ons.

A andaina terá o mesmo percorrido que a carreira pero con só unha volta (10.5 km. aprox) e estará percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con bandeirolas con varilla de aceiro, ademais puntualmente nos cruces disporemos de frechas.

Para a carreira, as inscricións teñen un prezo de 30 euros, limitadas a 275 participantes e inclúen o dorsal, billete ida e volta, froita, bebida, camiseta conmemorativa e outros agasallos.

Para a andaina, o prezo é de 23 euros, limitadas a 100 participantes e inclúen, billete ida e volta e regalo conmemorativo.

Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o domingo 21 de abril e farase na web www.ccnorte.com


Hora

(Domingo) 11:30

Localización

Illa de Ons

Parque Nacional de las Islas Atlánticas

Está pasando!