'Violeta al fin' en Cangas

xov06out21:00'Violeta al fin' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos21:00 Capela do Hospital - Cangas

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o xoves 6 de outubro ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a proxección do filme ‘Violeta al fin’.

  • Xénero: Ficción
  • País: Costa Rica
  • Ano: 2017
  • Dirección: Hilda Hidalgo
  • Guión: Hilda Hidalgo
  • Música: Camila Uboli
  • Fotografía: Nicolás Wong
  • Reparto: Eugenia Chaverri, Gustavo Sánchez Parra, Álvaro Marenco, Oscar Castillo, Anabelle Ulloa
  • Duración: 87 minutos

SINOPSE

Violeta ten 72 anos e hai pouco que se divorciou. Vive soa na casa familiar coidando o xardín e planea montar unha pensión. Cando descobre que o banco quere quitarlle a casa, está disposta a romper todas as regras para defender o seu fogar e a súa autonomía.



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Capela do Hospital

Xardíns do Señal, s/n, 36940 Cangas

Está pasando!