Visitas guiadas á exposición '_Simbiose' en Pontevedra

dom30xuñ12:00Visitas guiadas á exposición '_Simbiose' en Pontevedra'O MÚLTIPLE QUE OCUPA O ESPAZO'12:00 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da programación do proxecto interdisciplinar ‘O múltiple que ocupa o espazo. VIII Foro Internacional de creación na fronteira’, dirixido polo grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes, a sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a exposición ‘Simbiose_o múltiple que ocupa o espazo’.

A partir do xoves 16 de maio, nas datas e horarios mencionados a continuación, poderemos asistir ás visitas guiadas, de 1 hora de duración, para público xeral, adulto e familiar.

  • Xoves 16 de maio – 18:30 h.
  • Domingo 19 de maio – 12:00 h.
  • Domingo 26 de maio – 12:00 h.
  • Xoves 30 de maio – 18:30 h.
  • Domingo 2 de xuño – 12:00 h.
  • Domingo 9 de xuño – 12:00 h.
  • Xoves 13 de xuño – 18:30 h.
  • Domingo 16 de xuño – 12:00 h.
  • Sábado 22 de xuño – 12:00 h.
  • Xoves 27 de xuño – 18:30 h.
  • Domingo 30 de xuño – 12:00 h.

Prazas limitadas. Inscrición en apuntate.pontevedra.gal. Está é unha petición de visita. No caso de admitirse, porémonos en contacto con vostede para confirmar a súa reserva.


‘Simbiose_o múltiple que ocupa o espazo’

Na proposta expositiva ‘_Simbiose’, mergullámonos no universo da gráfica de campo expandido onde, os artistas seleccionados ocupan con distintos tipos de obras o espazo da sala, traballando desde a multiplexación, desde a repetición, a transformación e a idea de matriz xeradora de orixinais múltiples.

Aquí, a repetición non só implica a reprodución, senón tamén a produción e a transformación continua que coloniza o espazo da instalación. En ‘_Simbiose’ esta complexidade do múltiple que habita o espazo instalativo, móstranos visualmente, entre outras apreciacións, o concepto de serie como algo vivo, mutante, global, onde a idea de edición e o número entrelázanse coa vida para crear unha rede de posibilidades infinitas. Unha formulación expositiva que pretende ilustrar o modelo de complexidade sistémica da sociedade actual, o cal pode relacionarse coa arte desde os modelos temporais que expón a física cuántica, desde as dinámicas fractais naturais autoxenerativas ou desde a influencia das novas tecnoloxías na sociedade da información e a comunicación en rede contemporáneas.

Dentro deste espazo do posible, en ‘_Simbiose’ tamén se explora a noción de pegada tanto na súa forma física ou dixital como conceptual. Observamos como a matriz física deixa unha marca tanxible, mentres que a matriz dixital desprégase nun reino intanxible pero igualmente influente. Os contrarios, como o positivo e o negativo, coexisten e compleméntanse, xerando unha transmisión de semellanzas inversas que amplían as fronteiras do concibible como orixinal múltiple. Neste contexto, xorden conceptos como o dobre investido, o dobre desdobrado e a imaxe especular, mutacións de manifestacións da multiplicación e que nos convidan, a través de determinádeas obras, á reflexión.

Doutra banda o espazo do invisible no múltiple revela a gran potencialidade latente que posúe a idea de estampa orixinal. A fragmentación descompón o todo en partes, desafiando a nosa percepción da unidade. En ‘_Simbiose’ a frecuencia convértese na mensaxe, coa diseminación e o consumo moldeando a nosa comprensión do mundo que nos rodea. Neste proceso, a memoria actúa como un vínculo entre a presenza e a ausencia, tecendo conexións entre o tanxible e o efémero.

No espazo intermedio do proceso, o contacto e a distancia xogan un papel crucial na dinámica da creación. Os procesos intermedios poñen o foco na impermanencia, na interdependencia dos estados e procesos da gráfica, onde o procedemento indirecto emerxe como identidade protagonista, revelando a imaxe latente que xace no profundo da superficie. Os soportes, tanto brandos como mutantes, exploran o equilibrio entre o baleiro e o cheo, desafiando as nosas percepcións convencionais da forma e a materia.

Horario de apertura de Sala de Exposicións do Pazo para visita libre:

  • De martes a venres de 18:00 a 21:00h.
  • Sábados de 12:00 a 14:00h. e de 18:00 a 21:00h.
  • Domingos e festivos de 12:00 a 14:00h.
  • Luns, pechada.

Visitas guiadas:

  • Horario de visitas entre semana: xoves 16 e 30 de maio // xoves 13 e 27 de xuño ás 18:30h.
  • Horario de fin de semana: 19 e 25 de maio // 2, 8, 16, 22 e 30 de xuño, ás 12:00h.

Obradoiros para público familiar con rapazada a partir de 7 anos:

  • “O obxecto múltiple”. 24 e 25 de maio, de 18:00 a 20:00h.
  • “Mapas corporais”. 15 de xuño, de 18:00 a 20:00h.
  • “Expandindo a gráfica”. 29 de xuño, de 18:00 a 20:00h.

Para participar nas visitas guiadas e nos obradoiros infantís é necesario inscribirse en apuntate.pontevedra.gal

Está pasando!