Orgullo Pontevedra 2024

dom23xuñConsultarsáb29xuñOrgullo Pontevedra 2024Do 23 ao 29 de xuño de 2024(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Do 23 ao 29 de xuño, Pontevedra será un fervedoiro de actividades culturais, educativas e de lecer destinadas a reivindicar os dereitos e a visibilidade da comunidade LGBTIQA+.

O programa Orgullo PTV+ 2024 inaugurase oficialmente o mércores 19 de xuño, coa colocación da faixa multicolor conmemorativa no balcón da Casa Consistorial de Pontevedra, dando inicio a unha semana chea de eventos que celebran a diversidade e promoven a inclusión.



A programación continuará o luns 24 e o martes 25 coa actividade ‘Contos de Cores’ na libraría Seijas. O mércores 26 e xoves 27 a Casa das Campas acollerá os encontros do Orgullo Pontevedra para falar de realidade non-binaria con Né Barros e Max Suárez da Asociación Arelas ou unha nova edición de referentes con Guillermina Domínguez. Outra temática será: familias diversas.

venres 28, Día do Orgullo LGBTIQA+, Avante LGBT farálle unha homenaxe a María del Carmen del Valle, mestra lesbiana de Cerponzóns que deixou pegada na comarca.

Rematarase cunha gran festa do Orgullo o sábado 29 de xuño, que este ano se muda ao Parque das Palmeiras a partir das 13.00 horas e até a madrugada. Iníciase cunha sesión vermú coa actuación de Ana Talibana. Tamén haberá unha sesión DJ durante a tarde con Duendeneta e para rematar, na noite, haberá un concerto de Londreira e e pechará a festa a DJ, Señora DJ.

As oito da tarde sairá das Palmeiras a manifestación do Orgullo Pontevedra con lema «Avanzar en Dereitos».

Ademais, dende o día 24 ao 28 terá lugar unha nova edición de Ambienta, Mostra de Cinema LGBTIQA+, de Pontevedra, que en breve presentará a edición deste ano.


Hora

xuño 23 (Domingo) - 29 (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!