This is a repeating event

Visitas guiadas á exposición 'Contra vento e marea' en Vigo

ven07xuñ17:00Visitas guiadas á exposición 'Contra vento e marea' en Vigo 'A Mariña Mercante en Galicia. 1750-2000'17:00 Museo do Mar de Galicia - Vigo

Detalles do Evento

O Museo do Mar de Galicia organiza todos os venres do mes de xuño, visitas guiadas temáticas á nova sala de exposición permanente ‘Contra vento e marea’, na que se fala sobre a mariña mercante desde 1750 ata o 2000.

Esta exposición pretende mostrar unha parte da tradición e cultura galega que ata o momento non estaba representada neste museo e que se cre é fundamental: o comercio e o intercambio de produtos por mar, é dicir a mariña mercante.

Nesta visita coñeceremos, entre outras cousas, como era o comercio marítimo desde o século XVIII ata o século XX e os cambios que se foron introducindo según avanzan os anos e os acontecementos históricos.

Imprescindible reserva previa no teléfono 986 247 750 e en info.museodomar@xunta.es

Exposición ‘Contra vento e marea’

Esta mostra busca render unha sentida homenaxe aos miles de galegos, enrolados en barcos de madeira ou ferro, propulsados a vela ou motor, e baixo o ondear de calquera pavillón, que rogaron #ante o pánico de océanos embravecidos e viron baixo un sol abrasador o tempo deterse nas encalmadas infinitas dos mares equinocciales , co único afán en cada singradura de volver a casa e abrazar aos seus. Quérese destacar tamén a todas aquelas empresas armadoras, estaleiros, consignatarios, instalacións portuarias, etc. que en Galicia xurdiron e desenvolveron a súa actividade nos últimos 250 anos e que converteron os nosos peiraos en piares de desenvolvemento económico a través do comercio marítimo.

A exposición ten como xénese e base a cesión dunha parte substancial da colección da Fundación Castro-Rial de Cee, conformada ao longo de anos polo celo na preservación deste importante legado empresarial, pero tampouco nos esquecemos das imprescindibles achegas doutras persoas, institucións e empresas :

Museo do Pobo Estradense, Rodman Polyships, Comercial Vigo, Estaleiro Armón, Emenasa, Juan Vázquez Estévez, Familia Dotras, Familia Villar Sanjurjo, Familia Sanjurjo Blein, Juan Sobrino Canella, José Antonio Mera, Santiago Signo, Miguel Sánchez Fernández, Enrique Lema Moaña, Evaristo García Leira, Luis Costa Vázquez, Antonio del Río, José Fernández Gónzalez, Ramón Patiño Gómez, Manuel Froxán Díaz, Armando Marín Caramés, Delia Outeiriño Miguez, Xosé Carballo Cordo, Ángel Rial Vidal, Juan Ramón Martínez Arines, Familia González Eguía, J. A. Mera.

Hora

(Venres) 17:00

Localización

Museo do Mar de Galicia

Avda. Atlántida, 160, 36208 Vigo

Está pasando!