Visitas guiadas ás Ruinas de San Domingos | Museo de Pontevedra

This is a repeating event

Visitas guiadas ás Ruinas de San Domingos

mar28out12:00mar12:00Visitas guiadas ás Ruinas de San DomingosMuseo de Pontevedra12:00 - 12:00 Ruínas de San Domingos - Pontevedra

Detalles do Evento

As Ruinas de San Domingos permanecerán accesibles ao público ata o 31 de outubro e poranse a disposición das persoas interesadas visitas guiadas de martes a venres ás 12:00 do mediodía.

O horario de visita libre, de martes a sábado, é de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 19:30 horas polas tardes.

Os domingos e festivos, poderán visitarse de 11:00 a 14:00 horas, mentres que os luns o recinto permanecerá pechado, como todos os edificios do Museo de Pontevedra.

VISITAS GUIADAS

O equipo de Educación do Museo ofrece de martes a venres ás 12:00 horas, un servizo de visitas guiadas ás Ruinas.

Trátase dun percorrido de trinta minutos de duración no que se explica a historia e o valor patrimonial do edificio, así como das pezas alí expostas.

A visita é con entrada libre, sen necesidade de inscrición previa nin para realizar a visita libre nin para a guiada.

Ruinas de San Domingos | Museo de Pontevedra

RUINAS DE SAN DOMINGOS

O convento pechouse o 8 de decembro de 1836 debido á lei de exclaustración. Foi entregado á Junta de Enajenación de Edificios y Efectos de los Conventos Suprimidos de la Provincia de Pontevedra, a cal, á súa vez, o cedeu en usufruto ao Concello para instalar unha casa asilo. Durante o século XIX tamén tivo outros usos, como cárcere de mulleres, hospicio, casa cuartel da Garda Civil, escola de párvulos ou caixa de quintos.

En 1846, debido ao seu estado ruinoso, as autoridades municipais inician o proceso de derruba e reutilización da pedra en varias intervencións urbanísticas, coma a pavimentación das rúas. Novas derrubas acontecerían en 1880 e en 1886 por parte do Concello, que non cesaba no seu empeño, pero de novo serían interrompidas pola intervención dunha parte da cidadanía pontevedresa e, en especial, da figura de José Casal y Lois e da Comisión Provincial de Monumentos.

Salvado da demolición, en 1894 cederíase á recentemente creada Sociedad Arqueológica de Pontevedra, que o elixira como o lugar idóneo para instalar o seu museo.

O 14 de agosto de 1895, as Ruínas de San Domingos foron declaradas Monumento Nacional, co que se converteron no primeiro de Galicia xunto coa colexiata de Santa María a Real do Sar, en Santiago de Compostela.

Tras a morte de Casto Sampedro e Folgar, o 8 de abril de 1937, e a consecuente extinción da Sociedad Arqueológica, as Ruínas de San Domingos e todos os fondos que albergaban incorporáronse definitivamente ao Museo de Pontevedra e convertéronse, así, na segunda sede da institución tras o Edificio Castro Monteagudo.

Na actualidade, ademais dos restos arquitectónicos e escultóricos conservados do complexo conventual, exponse unha interesante mostra de escultura funeraria, con sepulcros nobiliarios e laudas gremiais, e a colección de heráldica.

Hora

(Martes) 12:00 - 12:00

Localización

Ruínas de San Domingos

Avenida de Montero Ríos, 1 (esquina Marqués de Riestra) - 36002 Pontevedra

Está pasando!