Celebración do Día de Colón en Combarro | Concello de Poio

This is a repeating event

XI Día de Colón en Poio

ven09maiConsultarXI Día de Colón en Poiovenres 9 e sábado 10 de maio de 2025(Consultar: venres) Praza da Chousa, Combarro - Poio

Detalles do Evento

A undécima edición do Día de Colón celebrarase o venres 9 e sábado 10 de maio de 2025 nas rúas e prazas de Combarro.

Desde as asociacións Combrus, Leucoíña e Vides Novas, en colaboración con Concello de Poio, están traballando na organización do evento, que aspira a repetir o éxito da última edición e encher as rúas de Combarro de cor, historia e tradición medievais.

Unha vez confirmadas as datas, os artesáns que queiran participar no mercado xa poden enviar as súas propostas ao enderezo electrónico [email protected].

Tamén nas semanas próximas abriranse as inscricións para que as persoas que queiran organizar as súas comidas nas rúas de Combarro reserven o seu sitio.


Celebración do Día de Colón en Combarro | Concello de Poio

O Día de Colón ofrece durante dous días unha extensa programación lúdica e festiva para toda a familia: desde mercado artesanal, animación nas rúas durante todo o día, teatro e bailes medievais, concertos, tiro con arco e esgrima antiga, xusta medieval…

Unha programación ampla e atractiva que conta coa implicación de colectivos locais e da propia veciñanza, xa que tanto os establecementos comerciais como os propios veciños contribúen coa decoración das súas casas e negocios para a ocasión.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Praza da Chousa, Combarro

Praza da Chousa, s/n 36994 Combarro

Está pasando!