Rijksmuseum, Netherlands. Naval Battle of Vigo Bay, 23 October 1702. Episode from the War of the Spanish Succession – 1705

XII Conmemoración da Batalla de Rande

sáb11out18:30XII Conmemoración da Batalla de Rande323º aniversario 1702-202518:30 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Un ano máis Rande revive unha das batallas navais máis importantes da historia, a que enfrontou en 1702 as tropas angloholandesas e hispanofrancesas na ría de Vigo.

XII Conmemoración da Batalla de Rande celebrarase os días 11 de outubro na vila de Redondela e o 18 e 19 en Rande.

O sábado 11 de outubro terá lugar o desfile polas rúas do centro da vila ás 18.30 da tarde, que rematará na praza da Torre.

sábado 18 haberá actividades ao longo de todo o día na contorna do Museo Meirande con mercado tradicional, obradoiros de oficios como olaría ou acuñado de moedas, concentración de embarcacións tradicionais e representacións teatrais.

Haberá “petiscos teatrais” fieis á historia da batalla de Rande e que recrearán tamén escenas cotiás da época.

domingo 19, tamén na contorna do Meirande, repetirase o mercado, os obradoiros e as representacións teatrais, coa última función ás 13.30 horas.

Hora

(Sábado) 18:30

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!