XIV Carreira Pedestre de San Brais en Pontevedra

dom01feb11:00XIV Carreira Pedestre de San Brais en PontevedraAsociación Veciñal Cultural Salcedo Norte11:00 San Brais - Pontevedra

Detalles do Evento

A parroquia de Salcedo acollerá este domingo, 11 de febreiro, a 14ª edición da súa emblemática carreira popular, enmarcada nas festas de San Brais.

A proba, organizada pola Asociación Veciñal Cultural Salcedo Norte, pechou as inscricións con cifras importantes: 114 corredores na categoría absoluta e 132 nas categorías inferiores.

Desde o punto de vista técnico, a carreira defínese como unha das “máis duras do calendario” polo seu perfil “rompepernas” con constantes subidas e baixadas, o que serve aos atletas para medir o seu estado de forma de cara a campionatos importantes.

A organización confirmou que a proba se disputará sen importar a climatoloxía, aínda que se prevé choiva. O circuíto podería sufrir pequenas adaptacións en tramos de monte por seguridade, pero a intención é manter o trazado orixinal de máis de 6.600 metros.

Ademais, este ano o Trofeo Julián Bernal renderá unha homenaxe especial a Jesús, un veciño e habitual corredor falecido recentemente.

O tráfico pecharase na zona a partir das 12:00 horas do domingo.

Hora

(Domingo) 11:00

Localización

San Brais

San Brais, Salcedo, Pontevedra

Está pasando!