This is a repeating event

XIX Festival Nigranjazz

xov17xulConsultarXIX Festival Nigranjazz17, 18 e 19 de xullo de 2025(Consultar: xoves) Concello de Nigrán - Nigrán

Detalles do Evento

O Concello de Nigrán adianta este ano a celebración do Nigranjazz para ter o luxo de ofrecer a un músico de referencia no jazz mundial: o gran pianista estadounidense Aaron Parks. Así, esta XIX edición terá lugar do 17 ao 19 de xullo coa actuación estelar do devandito artista o sábado 19 precedido do vibrafonista catalán Marcel Pascual en quinteto.

En total, serán catro concertos no esteiro da Foz con algúns dos músicos de jazz máis destacados do panorama nacional e internacional. A maiores, o venres 18 debutará un artista local no escenario principal, Manuel Cebrián, director da Escola de Música Municipal de Nigrán e quen presentará o seu primeiro disco, ‘Litet Steg’ e, na segunda actuación da noite, o festival abrirase ao flamenco-jazz da man do cuarteto da flautista madrileña Carmen Vela.

Como é tradición, ao rematar os concertos haberá jam-sessions nun escenario no propio recinto e o xoves 17 no Malabar Pénjamo de Patos.

Esta nova edición, con cartel do nigranés Álvaro Cedeira, foi presentada na nave de cervexas Banda en Porto do Molle, marca local que, un ano máis, patrocina este festival que conta tamén con financiación da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’.

Como cada ano, será inclusivo e disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail [email protected] ou no whatsapp 690 679 675. Fora do estrictamente musical, a nave da cervexeira acolle unha exposición que recopila os carteis de todas as edicións (Parque Empresarial Porto do Molle, Rúa do Labrego, 22, nave 5E).

“O Nigranjazz volve a facer Historia ao subir ao escenario a un dos artistas máis recoñecidos a nivel mundial, non cabe dúbida de que xa formamos parte destacada do circuito dos mellores festivais de jazz de todo o país, e iso nos enche de orgullo”, subliña o alcalde, Juan González, quen apostou pola creación do mesmo sendo edil de Cultura.

“Parks ten a capacidade de evocar emoción e introspección a través da súa música, o que fai del un dos pianistas de jazz máis influíntes e respectados da súa xeración, é un luxo contar con el”, engade Felipe Villar, director artístico de Nigranjazz, quen non dubidou en mudar a data tradicional de celebración (derradeiro fin de semana de xullo) con tal de poder contar con este artista no escenario.

“É unha oportunidade única, tocará con dous músicos portugueses de referencia e será o protagonista da master-class do sábado ao mediodía no Auditorio, unha oportunidade imperdible de aprendizaxe para calquera músico interesado no jazz”, subliña.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Nigrán

Está pasando!