Xorandas Gastronómicas da Ameixa | © Concello de Poio

This is a repeating event

Xornadas Gastronómicas da Ameixa en Poio

dom01setConsultarXornadas Gastronómicas da Ameixa en PoioFins de semana de setembro(Consultar: domingo)

Detalles do Evento

As Xornadas Gastronómicas da Ameixa desenvolveranse a partir do domingo, día 1 de setembro, e todas as fins de semana deste mes, de venres a domingo. Un total de 15 establecementos repartidos por todo o municipio ofrecerán menús, pratos e tapas coa ameixa como protagonista e a prezos moi atractivos que oscilan entre os 3 e os 30 euros.

O bivalvo nas súas distintas preparacións é o protagonista absoluto, con receitas clásicas como as ameixas á mariñeira, con fideos, arroz ou fabas, pero tamén en cazola, con gambas, langostinos ou berberechos e mesmo elaboradas á ferrolana.



Estas xornadas serven como prólogo e complemento á XXXVI Festa da Ameixa de Campelo, en trámites de ser declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”, e que esta edición se celebrará no mes de outubro, segundo acordaron Concello de Poio e as confrarías e agrupacións de mariscadoras.

Os establecementos participantes son:

  • En San Salvador: Casa Angelita e o Restaurante Lourido, en Lourido.
  • En San Xoán: Casa Laura, en Campelo, Casa Susa, no Muíño; O Eirado das Margaridas, en Liñares e Pinela Terraza, en Casalvito.
  • En Combarro, os establecementos participantes son o Restaurante Alvariñas, Arroyo Mar y Tierra, Entrepiedras, La Espuela e O Peirao, en Combarro; e La Nueva Parada, en Chancelas.
  • A lista de participantes complétase con O Novo Lar de Expósito, en Covelo, Samieira; e o Vamos Falando, en Raxó.


Hora

Consultar (Domingo)

Está pasando!