XXIII Certame da Camelia do Concello de Soutomaior

ven31xanConsultardom02febXXIII Certame da Camelia do Concello de Soutomaior31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro de 2025(Consultar) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Os días 1 e 2 de febreiro de 2025, Soutomaior celebrará a XXIII edición do Certame da Camelia, unha cita que seguirá sendo un punto de referencia para que as persoas cultivadoras e afeccionadas participen na exhibición das composicións de camelias.

Unha cita destinada tamén para todas aquelas persoas que simplemente senten curiosidade ou son fans desta marabillosa flor que tanto simboliza e evoluciona coa paso do tempo e que quere estar presente unha vez máis neste Certame para visitar os postos expositores nos que se presentan tantas novidades cultivadas nas terras galegas.


Silvia Cernadas e Rosana Comesaña na presentación do XXIII Certame da Camelia | © Concello de Soutomaior

Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolverá este ano como novidade na casa do Pobo do Val-Sobral en Soutomaior, nos centros educativos e nos escaparates no comercio/hostalería local e as actividades complementarias que destacan o valor que a Camelia ten a nivel artístico-cultural, a nivel social como símbolo do movemento feminista e sufraxista, a nivel benestar-saúde e a nivel de promoción económica para facer deste Certame un evento diverso, creativo, enriquecedor, participativo e motivador.

Accións incluídas neste Certame da Camelia 2025

Exposición de flores e composicións de Camelia que se realizarán nos centros educativos do municipio, nos escaparates dos comercios e establecementos e na Casa do Pobo do Val-Sobral; actividades complementarias de dinamización entre as que destacamos a realización dun mural creativo- colectivo “Camelias artísticas”, actividade de relaxación con aceite de Camelia ou o concerto da Coral de Soutomaior que terá lugar o domingo 2 de febreiro.

Ao certame poderán concorrer todas as persoas, profesionais ou afeccionadas, nacionais ou estranxeiras, físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición segundo estas Bases e que se atopen na situación que motiva a concesión destes premios do XXIII Certame da Camelia, e cumpran os seguintes requisitos: presentar unha composición de flores de calquera especie e variedade de Camelia, así como calquera dos seus híbridos. Poden consultar as bases en soutomaior.gal

No caso de presentarse menores de idade ao Certame, a título particular, deberán contar coa autorización dun representante legal, e achegar a autorización xunto coa solicitude. Os centros educativos non teñen que presentar autorizacións de menores. Participa o centro educativo como tal.



Un Certame que contará con premios económicos en todas as categorías, (centros educativos, comercio e hostalería e a exposición no Val – Sobral) e que tamén contará co premio especial Lelita Gradín, este ano como novidade para este premio tamén se implica a artesanía local cunha peza deseñada por León Lagata para este certame. Outro dos premios que tamén se outorgarán nesta XXIII edición é o premio á inclusividade.

O prazo de inscrición para participar no Certame comeza o mércores 15 de xaneiro, e remata o venres 24 de xaneiro ás 14:00 horas. As datas principais da edición XXIII Certame da Camelia serán os días 1 e 2 de febreiro deste 2025. Ainda que o 31 de xaneiro a Biblioteca Luís Seoane tamén acollerá unha edición especial da “Hora do Conto” centrada na Camelia.


Hora

Xaneiro 31 (Venres) - Febreiro 2 (Domingo)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!