This is a repeating event

XXVII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

dom08marConsultarXXVII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra'Que non para a música'(Consultar: domingo) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O 27º Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil terá lugar entre o 6 e o 22 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra e outros puntos da cidade, con Palestina e a música como protagonistas.

Baixo o lema ‘Que non para a música’, este evento cultural, un dos máis importantes de Galicia no ámbito da literatura infantil e xuvenil, ofrecerá como cada ano unha ampla variedade de actividades, incluíndo talleres, contacontos, espectáculos de artes escénicas, concertos, proxeccións audiovisuais e presentacións de libros.

Este año o país convidado é Palestina, que traerá ao salón libros e filmes, ademais da súa cultura, gastronomía, danzas e música.

Haberá actividades de balde, con entrada en Ataquilla, con inscrición previa, para adultos, bebés, familias.

O horario de apertura ao público será de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres, e de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas os sábados e domingos.

Máis información e programa de eventos en salondolibro.gal

Está pasando!