This is a repeating event

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

ven03abr12:00XXXVIII Festa da Ostra de Arcade 3, 4 e 5 de abril de 202612:00 Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Os días 3, 4 e 5 de abril, Soutomaior celebrará a XXXVIII edición da Festa da Ostra, unha festa declarada de interese turístico que combina tradición, gastronomía e música para ensalzar o produto máis típico da parroquia de Arcade.

A programación arrincará o 29 de marzo coa celebración da 7K Soutomaior e a Carreira Infantil da Ostra (incricións de balde e abertas).

O mércores 1 de abril (madrugada do 2 de abril) o programa “Pensando en ti” da Radio Galega fará o seu especial da Festa da Ostra dende o Multiúsos de Arcade. Un programa en directo ao que están todas e todos convidados.

Pero os días grandes desta festa serán, sen dúbida os 3, 4 e 5 de abril coa celebración dunha das citas máis agardadas no Concello de Soutomaior. Unha festa onde un ano máis se manterán os prezos populares con 10 euros a ducia de ostras e os viños albariños de Soutomaior a 12 euros a botella.

Presentación da XXXVIII edición da Festa da Ostra de Arcade | Atlantis Comunicación

Unha festa onde tamén teremos a oportunidade de desfrutar e degustar da ostra cociñada coa experiencia ‘OsTrés’ onde este ano a protagonista será: crujiente de gamba con tartar da nosa ostra, ostra en escabeche tradicional e ostra marinada en teruyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque.

Este ano, tendo en conta que a festa cadra coa Semana Santa, como novidade as casetas abriranse o venres 4 de abril ás 12:00 horas unha xornada que tamén contará co concerto de Chispas do Lérez ás 12:30 horas. E, xa pola noite, contarán coas actuacións das orquestras Olympus e Finisterre.

O sábado 4 de abril a festa continuará coa apertura das casetas ás 12:00 horas, o pasarrúas de Imperiais (dende o Calvario ata o Peirao) e xa pola noite chegarán as actuacións das orquestras Los Satélites e La Misión.

Nesta xornada o concello tiña previsto a tirada de fogos de arteficio, pero un informe desfavorable de Costas (debido ao estar no Peirao en zona de rede natura), fai que non teña lugar esta tirada de fogos.

O domingo 6 de abril o día comezará ben cediño ás 10:00 da mañá co pasarrúas da Banda Artística de Arcade e Banda Cultural de Arcade dende o Calvario ata o Peirao.

Ás 11:00 horas terá lugar a apertura de casetas de degustación, unha hora máis tarde, ás 13:00 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo de María Codesido García.

Dende as 12:00 ata as 15:00 horas a carpa do Peirao contará co directo de Fernando Sánchez Jazz Quartet. Xa pola tarde terá lugar a actuación de Louoband a partir das 18:00 horas no Peirao de Arcade.

Hora

(Venres) 12:00

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!