This is a repeating event

XXXVIII Festa do Choco de Redondela

ven09maiConsultarXXXVIII Festa do Choco de RedondelaFesta de Interese Turístico de Galicia (Consultar: venres) Campo da Feira - Redondela

Detalles do Evento

Do 9 ao 11 de maio, o Concello de Redondela celebrará a XXXVIII edición da Festa do Choco, Festa declarada de Interese Turístico de Galicia

A Orquesta Mondragón, Los Satélites e El Combo Dominicano serán as encargadas das verbenas nocturnas nunha celebración na que tamén actuará O Sonoro Maxín e agrupacións locais como a Orquestra de Saxos, Airiños de San Simón, Rondalla de Redondela, Banda de Música de Chapela, O Carballo das Cen Pólas e os dj´s locais Borja Rúa e Rodri Vegas.



O primeiro dos concertos será o venres día 9, ás 19.30 horas, coa Orquestra de Saxos de Redondela, para dar paso ás 22.30 horas á orquestra Los Satélites.

Os grupos locais serán tamén os encargados de abrir os concertos do sábado. Ás 12.30 actuarán o grupo de Gaitas e Baile Airiños de San Simón, e pola tarde concerto da Rondalla de Redondela ás 20.00 horas.

Ás 23.00 será a quenda do incombustible Javier Javier Gurruchaga e a súa Orquesta Mondragón. A concelleira de Cultura sinala que “a súa transgresora mistura de humor surrealista, cabaret e e rock and roll fará bailar a varias xeracións”.

A noite do sábado rematará coa sesión dos picadiscos Borja Rúa Rodri Vegas.

O domingo o pasarrúas da Banda de Música de Chapela comezará ás 11.30 horas, e ás 13.15 amenizará o xantar o grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas.

A música galega e en galego seguirá pola tarde, desde as 18.00 horas, co concerto do Sonoro Maxín e o seu novo álbum “A primavera ten que ser nosa”. Trátase dun espectáculo no que conviven estilos musicais diversos que van da cumbia ao rock, pasando polo merengue, entre outras propostas.

O peche porao o espectáculo da Orquestra El Combo Dominicano.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Campo da Feira

Campo da Feira, Redondela

Está pasando!